Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Servizos sociais  
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade » Servizos Sociais » Inmigrantes

Inmigrantes

  • Informes de arraigo social: é un informe, emitido polos/as traballadores/as sociais dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros, necesario nos trámites de solicitude da autorización de residencia temproal por circunstancias excepcionais por razóns de arraigo social. Nese informe se recollerán os datos necesarios, para acreditar a integración social da persoa extranxeira no Concello de Oleiros, tras unha entrevista persoal e unha visita domiciliaria.

    ¿Cómo solicitalo? Mediante petición por escrito no rexistro municipal do Concello de Oleiros onde se recolla o nome o enderezo e un teléfono de contacto, así como o motivo da petición (informe dos servizos sociais comunitarios para solicitar a regularización por arraigo social)

  • Informes de disponibilidade de vivenda para reagrupación familiar: é un informe, emitido polos/as traballadores/as sociais dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros, necesario nos trámites de solicitudes da autorización de residencia temporal para extranxeiros non comunitarios, a favor dos membros da familia que se desexa reagrupar. Nese informe se recollerán os datos necesarios, para acreditar a disponibilidade do reagrupante dunha vivenda no Concello de Oleiros, coas necesarias condicións de habitabilidade, tras unha entrevista persoal e unha visita domiciliaria.

    ¿Cómo solicitalo? Mediante petición por escrito no rexistro municipal do Concello de Oleiros onde se recolla o nome o enderezo e un teléfono de contacto, así como o motivo da petición (informe dos servizos sociais comunitarios para unha solicitude de reagrupación familiar)

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza