O Gabinete de Inserción socio-laboral é un dispositivo, compartido cos demais concellos que compoñen o Consorcio de As Mariñas, que ten como obxectivo principal achegar ao mercado laboral a aquelas persoas que presentan unha maior dificultade para obter e/ou manterse nun emprego.
Desde o Gabinete establécense distintos itinerarios de inserción socio-laboral caracterizados por prestar un apoio e acompañamento personalizados, flexibles e integrais. Ditos itinerarios inícianse coa valoración, por parte dos servizos sociais, dos posibles beneficiarios e beneficiarias deste dispositivo.
Por elo é imprescindible ter unha primeira cita co/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros, que será a persoa receptora da demanda e a que efectuará a primeira valoración e decidirá , en cada caso, a súa derivación ao Gabinete.
Os colectivos aos que está dirixido son, fundamentalmente:
As principais accións que se desenvolven no marco do Gabinete son:
A técnica de inserción do Consorcio acude aos servizos sociais de Oleiros todos os primeiros e terceiros mércores de cada mes para facer as valoracións dos usuarios e usuarias e iniciar con eles/as o seu itinerario personalizado de inserción laboral.