Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Servizos sociais  
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade » Servizos Sociais » Dependencia » Apoio a Coidadores

Descubrindo emocións

Coidar é unha conduta tan natural como aprender a vestirse ou a camiñar. Dalgún modo todos somos coidadores e persoas ás que coidar. No transcurso das nosas vidas inevitablemente exercemos ambos  roles. Este tipo de coidado que se exerce sobre as persoas máis próximas e ao que habitualmente se denomina coidado informal, xoga un papel esencial na atención as persoas dependentes.

Aínda que o perfil dos coidadores é moi variado, polo xeral trátase de familiares (especialmente os máis próximos esposos e fillos principalmente, e en particular cando a dependencia faise máis severa), que se fan cargo dunha gran cantidade de tarefas o que lles pon nunha situación de alta vulnerabilidade. O asumir o papel de coidador constitúe, pois, unha importante fonte de tensión, que incrementa o risco de padecer diversos problemas físicos, así como importantes alteracións emocionais. Non en balde, o coidado dunha persoa dependente, en especial de persoas con demencia, veuse considerando tradicionalmente como paradigma de estrés crónico.

Resulta  polo tanto esencial prestar apoio aos coidadores, axudarlles a coidar e coidarse mellor.

Trátase dun taller que permita crear un espazo lúdico-terapéutico e mostrarlles  diferentes tipos de actividades que lles permitan diminuír os niveis de tensión e estrés

Obxectivo do programa

  • Mellorar a calidade de vida do coidador diminuíndo  os niveis de ansiedade e estrés provocados pola tarefa de coidar.
  • Mellorar a calidade de vida do enfermo con demencia.

Obxectivos específicos

  • Mellorar o coñecemento sobre a enfermidade e o seu manexo por parte do coidador/a principal
  • Diminuír niveis de sobrecarga do coidador/a.
  • Diminuír as posibilidades de institucionalización do enfermo.
  • Favorecer acceso a recursos socio-sanitarios.
  • Establecer espazos de apoio mutuo.
  • Favorecer as relacións sociais dos coidadores.

Metodoloxía

O desenvolvemento das sesións se abarcarán desde un  formato dinámico e atractivo para os asistentes, creando un espazo lúdico e distendido no que a cooperación mutua e individualización das intervencións supoña unha premisa básica no modo de actuación.

Debido ás dificultades dos coidadores de enfermos con demencia en acudir a calquera actividade mentres atende ao enfermo, as sesións non excederán  de 2 horas como máximo 1 vez á semana. Do mesmo xeito as accións non deberán supor un excesivo compromiso temporal para os asistentes polo que cada unha non excedera os tres meses de duración.

A intervención  sostense a través da implantación de varias accións complementarias que permitirán alcanzar os obxectivos propostos.

1. Estudo das necesidades dos coidadores

Creouse un rexistro de coidadores no que se recolle información sobre os enfermos, os coidadores e as súas necesidades. Na actualidade son 80 os coidadores que se atopan no rexistro. A incorporación o rexistro faise desde os profesionais do Servizo de axuda a domicilio, Centro de día e Servizos Sociais.

2. Apoio a coidaores e coidadoras.

 Talleres "Descubrindo emocións" e "Coidando emocións"

Participantes: Coidadores e coidadoras de enfermos dependentes empadroados no Concello de Oleiros.

Dirixido a coidadores non profesionais

Obxectivos:

  • A través destes talleres os coidadores conectan con outras persoas con problemas e intereses comúns, comparten e aprenden estratexias e información que a outros membros do grupo lle foron útiles no desenvolvemento do seu rol de coidadores.
  • Este taller ademais ten un obxectivo terapéutico, conseguir a mellor adaptación posible do coidador, dotándolle de estratexias para manexar dunha forma axeitada a situación de estres coa que se enfrontan.
  • Ofrecer ferramentas de habilidades sociais,que lles axuden a desenvolver habilidades de solución de problemas,e levar na medida do posible actividades gratificantes.
  • As persoas que poidan estar interesadas poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais que lle informarán máis a fondo de todos os aspectos do curso.

Lugar: Centro Municipal de formación. Salón de actos.

Encontros de coidadoras e coidadores

O Concello de Oleiros fomenta que as persoas que participan nos talleres "Descubrindo emocións" e "Coidando emocións"  traballen en grupo e se relacionen con outros colectivos de coidadoras e coidadores. Por tal  motivo traballan en rede cos grupos de coidadores e coidadoras "Mellorando" de Chantada e Música e saúde" de Afaco Coruña. Reúnense coa intención de compartir e sumar benestar na súa vida.

Do traballo realizado nos encontros surxe unha via de comunicación en rede a través da creación da  páxina en facebook : Quien ama cuida.

3. Accións de sensibilización e formación.

  • Sensibilizar aos diferentes colectivos sobre as realidades dos enfermos dependentes e os seus coidadores.
  • Potenciar a formación dos coidadores na enfermidade.

Convivir coa demencia

  Actividades encamiñadas a coñecer máis a fondo esta enfermidade.  Dirixidas a familiares que conviven coas persoas con demencia.

 
 A Concellería de Servizos Sociais recompilou unha relación de diferentes materias bibliográficos e audiovisuais,(libros,contos,películas,manuais de apoio, enlaces web...) que abarcan  desde diferentes puntos de vista esta enfermidade e o impacto no entorno familiar. Son materiais que poden axudar ao familiar a coñecer mellor a enfermidade e como actúar, pero tamén sensibilizar a todas aquelas persoas que non están afectadas directamente. Moitas destas publicacións pódense consultar nas bibliotecas municipais.

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza