A Asesoría Xurídica Social é un servizo do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio das Mariñas que presta atención aos nove concellos que o integran.
O seu obxectivo e proporcionar un asesoramento, unha orientación e unha información relacionada con trámites xurídicos, procedementos legais, procesos de separación e divorcio, acceso a xustiza gratuita, nacionalidade, regularización de persoas con nacionalidade extranxeira, arrendamentos, recursos .... En ningún caso poden representar legalmente a ningunha persoa ante a Administración de Xustiza.
Para acceder a este servizo haberá que solicitar previamente unha cita co/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios quen, tras a entrevista, valorará a conveniencia ou non de derivar a consulta a este servizo, a través dun protocolo onde se recolle a situación desa persoa e os motivos da consulta.
Os/As profesionais que prestan este servizo (licenciados/as en dereito) acuden nuns días determinados ao mes para atender ás persoas que foron derivadas a este servizo.