Concello de Oleiros

Portada-old » O Concello old » Concellería de Promoción económica e Consumo » Formación e emprego

Presentación

No Centro Muncipal de Formación recóllense  as iniciativas do Concello de Oleiros para promover o emprego, para ofrecer aos veciños a oportunidade de mellorar a súa vida se non teñen resolto como integrarse no sistema laboral.

O obxectivo é que todos os homes e mulleres poidan integrarse na vida económica con certas garantías de futuro. Asesoramento, formación, información, xestións... para que a procura dun posto de traballo sexa unha labor doada.

Informamos e orientamos profesionalmente, formamos ós demandantes en especialidades con demanda dentro do mercado de traballo, buscámoslle traballo a xente a través da nosa Bolsa Local de Emprego, surtimos de man de obra ós empresarios que a necesitan, asesoramos ós novos emprendedores de cara a que poidan inicia-la súa propia idea empresarial e posibilitamos a adquisición de experiencia profesional a aquelas persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo a través dos programas de emprego municipais.

____________________________________________

A partir de finais de febreiro - principios de marzo de 2012 coñecerase a nova programación de cursos de formación prioritariamente destinados a desempregados.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza