Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

« Atrás

Declaración do Goberno municipal contra o golpe de Estado en Bolivia

Facemos nosas as palabras de José Aragón, para manifestar, que a historia dos países latinoamericanos está chea de exemplos, que revelan a brutal acción vengativa de escuros grupos de poder en contra da vida de cidadáns, por intentar defender os dereitos básicos dos pobos, ou simplemente por reivindicar e promover a protección dos recursos naturais e o dereito dos campesiños a súa terra e ós seus beneficios. 

Emiliano Zapata en México, Sandino en Nicaragua, Chico Mendes en Brasil, Berta Cáceres en Honduras, Camilo Catrillanca en Chile ou Yolanda Maturana en Colombia son algunhas das mulleres e homes que engrosan a extensa lista de persoas masacradas tan só por loitar para exixir dereitos.

En Bolivia, segundo datos da Defensoría del Pueblo, ata a semana pasada rexistráronse 28 mortos na represión levada a cabo por aqueles que asaltaron o poder democrático neste país. Nove deles en Sacaba (Cochabamba) ó atacar a Policía e o Exército unha marcha pacífica de cocaleiros cara á capital do país, La Paz. Ademais os feridos, moitos deles graves, e persoas detidas ou desaparecidas, cóntanse por centos.

A realidade que se está a vivir nos últimos meses en Bolivia, Ecuador, Chile, Haití ou  Honduras, retrotráenos á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, na década dos anos 70 e 80 do pasado século XX, a partires dos plans ideados e perpetrados desde a coñecida ‘Escuela de las Américas’ (que segue a funcionar, en distinta ubicación, baixo o nome de ‘Instituto del Hemisferio Occidental para la Cooperación en Seguridad’) ó servizo do dominio norteamericano de Latinoamérica e que basea a súa doutrina de ensinanza na tortura, na morte e na opresión. Non é estraño logo que nas súas aulas de terror graduáranse 10 dos ditadores máis sanguinarios de América Latina.

Denunciar a raíz represiva, ditatorial e mesmo xenófoba do golpe de estado en Bolivia, ven sendo hoxe un imperativo ético e ó mesmo tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades, dos dereitos humanos e da soberanía dos pobos. 

En consecuencia, rexeitamos o recoñecemento do autoproclamado goberno Añez por parte dos EEUU, Brasil e a Unión Europea e prememos á Comunidade Internacional para que actúe de contado, para que se pronuncie sen ambaxes a prol da legalidade democrática e da paz e deteña unha barbarie que está a golpear con especial odio e crueldade ós indefensos pobos indíxenas, moi especialmente ás mulleres, historicamente a maioría silenciada e desposuída da sociedade boliviana. 

Denunciamos tamén publicamente a intervención dos servizos de intelixencia de Estados Unidos para manipular e falsear os resultados dos comicios en Bolivia e impoñer un goberno títere que axudará e facilitará ás grandes corporacións a explotación dos  recursos naturais dese país. 

Sumámonos pois ós milleiros de cidadáns do mundo que rexeitan o golpe de estado en Bolivia, a autoproclamación dun novo goberno da man do exército e que exixe sen ningún tipo de dúbida unha reacción da comunidade internacional expresando o noso apoio a Evo Morales e ó seu goberno.
Dito isto, darase traslado do presente manifesto ó Goberno do Estado Español, ás Embaixadas de Bolivia e Estados Unidos en España e ó COSAL (Comité de Solidariedade con América Latina).

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza