NOVAS « Atrás Oleiros continuará formando parte da executiva Fondo Galego de CooperciónO Concello de Oleiros conserva a vogalía que xa tiña na executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a presente lexislatura. A concelleira de Cooperación, Marga Figueroa Vázquez, seguirá a ser a representante do Concello neste órgano no período 2019-2023. A nova Comisión foi elixida pola Asemblea Xeral, na que participaron representantes de 40 municipios. Desta maneira, queda configurada a rede solidaria do municipalismo galego que seguirá incorporando a defensa dos Dereitos Humanos á axenda local. O Concello de Oleiros foi un dos municipios que impulsou a fundación do Fondo Galego no ano 1997. Oleiros ostentou a presidencia deste organismo durante 15 anos a través do concelleiro Alfredo Novoa Gil. |
|