Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

« Atrás

O Concello prepara o envío dun contedor con material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

O envío realízase en colaboración coa Fundación Nova Pescanova, que o trasladará directamente ata o seu destino, en Guatemala. O contedor leva cadeiras, pupitres, mesas, encerados, enciclopedias, libros... 

A Universidade da Coruña, a Fundación Nova Pescanova, a ONG Solidariedade Galega e o Concello de Oleiros asinaron no 2018 un convenio de colaboración para a doazón, transporte e distribución de equipamento e material escolar en centros educativos de países de América Latina.

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza