Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

Declaración do Goberno municipal contra a violencia de xénero

Cada 25 de novembro os titulares, os minutos de silencio e as declaracións institucionais lembran a vixencia da violencia machista e do sistema patriarcal. A violencia machista exercida contra as mulleres é un problema de primeira orde e calquera forma de malos tratos e de violencia exercida contra as mulleres é unha violación inaceptable dos dereitos humanos nunha sociedade comprometida coa igualdade e a dignidade.

Declaración do Goberno municipal contra o golpe de Estado en Bolivia

Facemos nosas as palabras de José Aragón, para manifestar, que a historia dos países latinoamericanos está chea de exemplos, que revelan a brutal acción vengativa de escuros grupos de poder en contra da vida de cidadáns, por intentar defender os dereitos básicos dos pobos, ou simplemente por reivindicar e promover a protección dos recursos naturais e o dereito dos campesiños a súa terra e ós seus beneficios.

O político salvadoreño Tomás Minero visita o Concello de Oleiros

José Tomás Minero Domínguez, representante político da entidade ENEPASA –formada por 13 municipios de El Salvador-, visitou o Concello de Oleiros dentro dunha rolda de visitas a diversos municipios españois. Minero mantivo un encontro co alcalde, Ángel García Seoane, e coa concelleira de Cooperación, Marga Figueroa.

Oleiros continuará formando parte da executiva Fondo Galego de Cooperción

O Concello de Oleiros conserva a vogalía que xa tiña na executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a presente lexislatura. A concelleira de Cooperación, Marga Figueroa Vázquez, seguirá a ser a representante do Concello neste órgano no período 2019-2023.

O Concello prepara o envío dun contedor con material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza