Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

Oleiros continuará formando parte da executiva Fondo Galego de Cooperción

O Concello de Oleiros conserva a vogalía que xa tiña na executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a presente lexislatura. A concelleira de Cooperación, Marga Figueroa Vázquez, seguirá a ser a representante do Concello neste órgano no período 2019-2023.

O Concello prepara o envío dun contedor con material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

O Concello coopera nun proxecto sanitario en Chiapas con Solidariedade Galega

Un grupo formado por 12 profesionais da sanidade, entre os que se atopan varios veciños e veciñas de Oleiros, dedicarán as súas vacacións a atender de xeito gratuíto ás persoas máis desfavorecidas da zona rural de Altamirano, no Hospital San Carlos, en Chiapas. O Concello de Oleiros financia con 12.000 euros este proxecto que levará a cabo a ONG Solidariedade Galega.

O alcalde de Oleiros solidarízase co alcalde italiano detido por acoller persoas refuxiadas

O alcalde de Oleiros solidarízase co alcalde italiano detido por acoller persoas refuxiadas

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por carta ao seu homólogo do municipio italiano de Riace, Domenico Lucano, tras ser arrestado esta semana polas autoridades italianas. García Seoane tamén se dirixiu ao embaixador italiano en España para transmitirlle a súa preocupación por este acontecemento.

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza