NOTICIASO Concello participa no acto do 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación, cofundado polo Goberno de OleirosO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, cofundado polo Concello de Oleiros no 1997, celebra o seu 25 aniversario cun acto en Nigrán. Polo labor desenvolvido desde a súa creación, farase un recoñecemento especial tanto ao Concello como a Alfredo Novoa Gil, ex-concelleiro de Oleiros e presidente do Fondo durante 15 anos. A ONG Solidariedade Galega retomará o proxecto de atención sanitaria no Hospital San Carlos Altamirano, referente para a poboación indíxena de Chiapas, en México, que desde 2016 apoia en colaboración directa co propio hospital, xestionado polas Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl. O Concello de Oleiros financia na súa totalidade este proxecto con 16.450 euros. O Concello cooperará cun proxecto en Guatemala das Mercedarias Misioneras de BérrizA orde das Mercedarias Misioneras de Berriz vai recibir unha subvención do Concello de Oleiros de 6.012,13 euros para colaborar na construción dunha casa destinada á prevención de violencia contra as mulleres e formación da xuventude na Parroquia Nuestra Señora de las Victorias, en Guatemala. A vivenda actual na que están a desenvolver este traballo é demasiado pequena para as catro irmás que traballan alí. Juani Ruiz, cooperante sanitaria detida ilegalmente por Israel, visita o Concello de OleirosJuani Ruiz, cooperante española en Palestina e detida ilegalmente por Israel, foi recibida esta mañá na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. Ademais de agradecer o apoio prestado polo Goberno municipal de Oleiros pola campaña realizada na súa defensa, no encontro falouse sobre a experiencia que sufriu no cárcere israelí e a actual situación que se vive en Palestina. |
|