Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

A relixiosa Rebeca Cervantes ofrece unha conferencia no Castelo de Santa Cruz sobre cooperación internacional

O vindeiro venres 29 de xuño, ás 20:00 horas, Rebeca Cervantes falará no salón de actos do Castelo de Santa Cruz sobre as súas vivencias, a solidariedade e a cooperación internacional. Esta relixiosa, misioneira mercedaria de Bérriz, percorreu os cinco continentes axudando as persoas máis necesitadas, atravesando situacións do máis adversas tales como conflitos bélicos ou graves catástrofes naturais.

O pleno do Concello de Oleiros manifesta o seu rexeitamento á mina de Touro- O Pino

O pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión celebrada o 31 de maio unha moción presentada polo Goberno municipal de Alternativa dos Veciños contra o proxecto de reapertura da explotación mineira de cobre San Rafael SL, situada nos municipios de Touro e O Pino. O Concello de Oleiros insta a Xunta de Galicia á emisión dos correspondentes informes negativos para impedir as graves consecuencias ambientais, sanitarias, económicas e sociais que se derivarían desta explotación.

O pleno municipal aproba unha moción en apoio a ONG Proemaid

O pleno municipal do Concello de Oleiros do mes de abril aprobou a moción presentada polo Goberno municipal para apoiar aos integrantes da ONG Proemaid que van ser xulgados en Grecia por realizar labores de rescate ás persoas refuxiadas que atravesan o mar Mediterráneo. Manuel Blanco, Julio Latorre e Enrique Rodríguez acudiron á illa grega de Lesbos para realizar actividades de rescate e salvamento e están acusados dun suposto delito de tráfico de persoas en grao de tentativa e de posesión de armas.

O Goberno municipal apoia a manifestación en defensa das pensións convocada para o domingo

Este domingo están convocadas concentracións en toda España para defender o dereito a unha pensión digna. O Goberno municipal sumarase ás mobilizacións convocadas polos sindicatos CCOO e UGT e anima a toda a cidadanía da comarca a participar na concentración da Coruña, que terá lugar no Obelisco ás 12:00 horas.

A Fábrica acollerá unha mostra de fotografía sobre Nicaragua

O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do vindeiro martes 3 de abril a exposición de fotografía Nicaragua: o futuro, de Felipe Carnotto. A mostra plasma unha visión sobre a vida cotiá das e dos habitantes do país centroamericano a través da óptica persoal do autor.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza