Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

Oleiros reclama xustiza e paz no Día da Terra Palestina

O embaixador Palestino en España, Musa Amer Odeh, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a artista Najla Shami, o alumnado do IES María Casares e máis dun cento de veciños e veciñas participaron esta mañá no acto de celebración do Día da Terra Palestina que organizou o Concello de Oleiros na praza de Belén. Autoridades, mozos, mozas e varios asistentes ao acto participaron na plantación dunha oliveira coa que se pretende simbolizar a amizade entre o pobo palestino e o pobo de Oleiros.

Os nenos e nenas saharauís de Vacacións en Paz precisan familias acolledoras en Galicia

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí fai un chamamento de urxencia. Precísanse familias de acollida para os nenos e as nenas que pasan o verán en Galicia, no marco do programa Vacacións en paz.

A ministra de Cultura saharauí visita mañá o Concello de Oleiros

Jadiya Hamdi, ministra de Cultura da República Árabe Saharauí, realizará mañá unha visita institucional ao Concello de Oleiros. No encontro que a dirixinte saharauí manterá co alcalde e outros representantes do Goberno municipal, tamén participará a presidenta da ONG Solidadriedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, e un representante do Frente Polisario.

O Concello de Oleiros combate, a través do Fondo Galego, a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns

As persoas refuxiadas que seguen a ruta dos Balcáns levan semanas soportando temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, formado entre outros polo Concello de Oleiros, vén de achegar 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que dotará así de artigos coma roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, en coordinación co goberno do país e cos seus parceiros locais.

O ballet da Escola Municipal de Danza actúa o sábado en Pontevedra

A Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros participará o vindeiro sábado no festival solidario Danzas con ilusión que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 18:30 horas. O Ballet municipal interpretará dúas pezas da obra "Romeo y Julieta".

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza