Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

A mostra de carteis Che 50 anos estará dispoñible ata o 7 de xaneiro

O pasado sábado inaugurouse no Castelo de Santa Cruz a mostra Che 50 anos que recolle numerosos carteis e algunhas publicacións relacionadas con Ernesto Che Guevara. Moitos dos elementos da exposición son inéditos e foron recollidos ao longo dos anos nas viaxes realizadas polo Concello de Oleiros a Cuba.

Os profesionais da ONG Solidariedade Galega xa están en Nicaragua para levar a cabo un proxecto sanitario

O grupo de sanitarios galegos da ONG Solidariedade Galega que van desenvolver durante os vindeiros días un proxecto de atención médica no Hospital Óscar Danilo Rosales de Nicaragua xa se atopan no país latinoamericano. O Concello de Oleiros colabora con este proxecto costeando os gastos de desprazamento para facilitar así o traballo altruísta das persoas participantes.

Oleiros acolle unhas xornadas de solidariedade cos pescadores de Palestina

Dentro da campaña internacional de Solidariedade coa Flota Pesqueira de Gaza, o Concello de Oleiros acolle o venres e o sábado unha serie de actos dirixidos a amosar a solidariedade e o apoio aos pescadores palestinos que están a sufrir continuos ataques inxustificados por parte do exército de Israel. A pesca é o recurso máis importante da poboación de Gaza e os seus pescadores están sendo tiroteados, incautadas as súas embarcacións tras recibir un trato inhumano polos militares israelís, ante a pasividade da comunidade internacional.

Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro de 2018 cumpre 70 anos un dos textos máis importantes da historia: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un documento que, co seu primeiro artigo, xa nos tería que facer reflexionar sobre o camiño que está a tomar a nosa sociedade: "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, en dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".

O Castelo de Santa Cruz iluminarase de vermello contra a pobreza

O Concello de Oleiros participará na campaña Pobreza Cero iluminando de vermello o Castelo de Santa Cruz. O alumeado realizarase mañá martes.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza