Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

Oleiros acolle unhas xornadas de solidariedade cos pescadores de Palestina

Dentro da campaña internacional de Solidariedade coa Flota Pesqueira de Gaza, o Concello de Oleiros acolle o venres e o sábado unha serie de actos dirixidos a amosar a solidariedade e o apoio aos pescadores palestinos que están a sufrir continuos ataques inxustificados por parte do exército de Israel. A pesca é o recurso máis importante da poboación de Gaza e os seus pescadores están sendo tiroteados, incautadas as súas embarcacións tras recibir un trato inhumano polos militares israelís, ante a pasividade da comunidade internacional.

O Castelo de Santa Cruz iluminarase de vermello contra a pobreza

O Concello de Oleiros participará na campaña Pobreza Cero iluminando de vermello o Castelo de Santa Cruz. O alumeado realizarase mañá martes.

Os profesionais da ONG Solidariedade Galega xa están en Nicaragua para levar a cabo un proxecto sanitario

O grupo de sanitarios galegos da ONG Solidariedade Galega que van desenvolver durante os vindeiros días un proxecto de atención médica no Hospital Óscar Danilo Rosales de Nicaragua xa se atopan no país latinoamericano. O Concello de Oleiros colabora con este proxecto costeando os gastos de desprazamento para facilitar así o traballo altruísta das persoas participantes.

Os nenos saharauís do programa Vacacións en Paz visitan o Concello de Oleiros

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto coa concelleira de cooperación, Marga Figueroa Vázquez, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao grupo de nenos e nenas saharauís que están a pasar as súas vacacións en Oleiros grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

O Concello de Oleiros envía un gran contedor con material escolar cara Nicaragua

O Concello de Oleiros enviou un gran contedor de 12 metros con diverso material escolar para dúas escolas dunha das rexións máis pobres de Nicaragua. Centos de veciños e veciñas participaron nesta campaña de cooperación para a que o Concello aportou tamén numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza