Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

O Concello de Oleiros envía un gran contedor con material escolar cara Nicaragua

O Concello de Oleiros enviou un gran contedor de 12 metros con diverso material escolar para dúas escolas dunha das rexións máis pobres de Nicaragua. Centos de veciños e veciñas participaron nesta campaña de cooperación para a que o Concello aportou tamén numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

O Goberno municipal destinará 18.150 euros para dous proxectos de cooperación internacional

O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado hoxe a concesión de dúas subvencións nominativas para a realización de dous importantes proxectos de cooperación en zonas especialmente empobrecidas de América Latina. A ONG Solidariedade Galega recibirá 10.650 euros para desenvolver un proxecto de atención sanitaria infantil en Nicaragua e as Mercedarias Misioneras de Berriz percibirán 7.500 euros para continuar cun proxecto educativo dirixido a persoas de baixos recursos a través do Instituto Guatemalteco de Educación radiofónica.

O Goberno municipal pon en marcha unha campaña de recollida de material escolar para o enviar a Nicaragua

O Concello de Oleiros, en colaboración co Grupo Novapescanova, procederá no mes de xullo ao envío de diverso material escolar que se atopaba sen utilizar nos colexios Luis Seoane e Rabadeira e que pasará a ter uso en dous centros de ensino de Nicaragua, na escolas Francisco José Montealegre e Alfonso Mondragón. Ambos colexios atópanse na localidade de Chinandega, unha zona especialmente empobrecida.

O Concello de Oleiros súmase ao día europeo contra a mercantilización da saúde

O Concello de Oleiros sumouse a unha iniciativa da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública, con accións en diversas cidades europeas, para enviar un claro e contundente mensaxe ás institucións e aos estados membros da UE de que a sanidade non se vende. A fachada principal da Casa do Concello luce unha gran pancarta polo día europeo contra a mercantilización da saúde.

Oleiros reclama xustiza e paz no Día da Terra Palestina

O embaixador Palestino en España, Musa Amer Odeh, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a artista Najla Shami, o alumnado do IES María Casares e máis dun cento de veciños e veciñas participaron esta mañá no acto de celebración do Día da Terra Palestina que organizou o Concello de Oleiros na praza de Belén. Autoridades, mozos, mozas e varios asistentes ao acto participaron na plantación dunha oliveira coa que se pretende simbolizar a amizade entre o pobo palestino e o pobo de Oleiros.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza