Ayuntamiento de Oleiros

Ayuntamiento de Oleiros

Portada » El ayuntamiento » Concejalía de Participación Ciudadana, Cooperación y Recursos Humanos
   
NOTICIAS

O Concello participa no acto do 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación, cofundado polo Goberno de Oleiros

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, cofundado polo Concello de Oleiros no 1997, celebra o seu 25 aniversario cun acto en Nigrán. Polo labor desenvolvido desde a súa creación, farase un recoñecemento especial tanto ao Concello como a Alfredo Novoa Gil, ex-concelleiro de Oleiros e presidente do Fondo durante 15 anos.

O Concello coopera con Solidariedade Galega nun proxecto de atención sanitaria en Chiapas

O Concello coopera con Solidariedade Galega nun proxecto de atención sanitaria en Chiapas

A ONG Solidariedade Galega retomará o proxecto de atención sanitaria no Hospital San Carlos Altamirano, referente para a poboación indíxena de Chiapas, en México, que desde 2016 apoia en colaboración directa co propio hospital, xestionado polas Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl. O Concello de Oleiros financia na súa totalidade este proxecto con 16.450 euros.

O Concello cooperará cun proxecto en Guatemala das Mercedarias Misioneras de Bérriz

A orde das Mercedarias Misioneras de Berriz vai recibir unha subvención do Concello de Oleiros de 6.012,13 euros para colaborar na construción dunha casa destinada á prevención de violencia contra as mulleres e formación da xuventude na Parroquia Nuestra Señora de las Victorias, en Guatemala. A vivenda actual na que están a desenvolver este traballo é demasiado pequena para as catro irmás que traballan alí.

Juani Ruiz, cooperante sanitaria detida ilegalmente por Israel, visita o Concello de Oleiros

Juani Ruiz, cooperante española en Palestina e detida ilegalmente por Israel, foi recibida esta mañá na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. Ademais de agradecer o apoio prestado polo Goberno municipal de Oleiros pola campaña realizada na súa defensa, no encontro falouse sobre a experiencia que sufriu no cárcere israelí e a actual situación que se vive en Palestina.

Entidades financiadoras
Gobierno de España Comunidad Económica Europea Plan Avanza