Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

O pleno municipal aproba unha moción en apoio a ONG Proemaid

O pleno municipal do Concello de Oleiros do mes de abril aprobou a moción presentada polo Goberno municipal para apoiar aos integrantes da ONG Proemaid que van ser xulgados en Grecia por realizar labores de rescate ás persoas refuxiadas que atravesan o mar Mediterráneo. Manuel Blanco, Julio Latorre e Enrique Rodríguez acudiron á illa grega de Lesbos para realizar actividades de rescate e salvamento e están acusados dun suposto delito de tráfico de persoas en grao de tentativa e de posesión de armas.

O Goberno municipal apoia a manifestación en defensa das pensións convocada para o domingo

Este domingo están convocadas concentracións en toda España para defender o dereito a unha pensión digna. O Goberno municipal sumarase ás mobilizacións convocadas polos sindicatos CCOO e UGT e anima a toda a cidadanía da comarca a participar na concentración da Coruña, que terá lugar no Obelisco ás 12:00 horas.

A Fábrica acollerá unha mostra de fotografía sobre Nicaragua

O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do vindeiro martes 3 de abril a exposición de fotografía Nicaragua: o futuro, de Felipe Carnotto. A mostra plasma unha visión sobre a vida cotiá das e dos habitantes do país centroamericano a través da óptica persoal do autor.

Representantes dunha ONG nicaraguana visitan o Concello de Oleiros

A presidenta da Fundación Instituto de Liderazgo de Las Segovias, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa con persoas que se atopan en situación de exclusión no sueste de Nicaragua, visitou esta mañá o Concello de Oleiros para presentar un interesante proxecto sobre memoria histórica no país latinoamericano. Haydé Isabel Castillo Flores informou sobre o proxecto que se pretende levar a cabo, no que participarán numerosos excombatentes que realizarán diversas actividades coas que se pretende realizar un proceso de sanación e sensibilizar sobre a necesidade de recuperar a memoria.

A mostra de carteis Che 50 anos estará dispoñible ata o 7 de xaneiro

O pasado sábado inaugurouse no Castelo de Santa Cruz a mostra Che 50 anos que recolle numerosos carteis e algunhas publicacións relacionadas con Ernesto Che Guevara. Moitos dos elementos da exposición son inéditos e foron recollidos ao longo dos anos nas viaxes realizadas polo Concello de Oleiros a Cuba.

   

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza