Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Participación Cidadá  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Participación Cidadá » Novas
   
Novas

« Atrás

Declaración do Goberno municipal contra a violencia de xénero

Cada 25 de novembro os titulares, os minutos de silencio e as declaracións institucionais lembran a vixencia da violencia machista e do sistema patriarcal. A violencia machista exercida contra as mulleres é un problema de primeira orde e calquera forma de malos tratos e de violencia exercida contra as mulleres é unha violación inaceptable dos dereitos humanos nunha sociedade comprometida coa igualdade e a dignidade.

As entidades veciñais participarán na elaboración dos orzamentos municipais

As entidades veciñais participarán na elaboración dos orzamentos municipais

O orzamento municipal para o ano 2019 atópase xa en fase de redacción. O documento que está a elaborar o Goberno municipal incluirá tamén as propostas realizadas desde entidades máis representativas de cada localidade, principalmente das asociacións de veciños.

O Concello de Oleiros reúnese coas comisións de festas para informar sobre a lexislación

O Concello de Oleiros reúnese coas comisións de festas para informar sobre a lexislación

Na reunión celebrada este xoves o Concello asesora ás comisións de festas do municipio con respecto á normativa vixente e o seu cumprimento.

Na reunión celebrada este xoves o Concello asesora ás comisións de festas do municipio con respecto á normativa vixente e o seu cumprimento.

O pleno do Concello de Oleiros manifesta o seu rexeitamento á mina de Touro- O Pino

O pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión celebrada o 31 de maio unha moción presentada polo Goberno municipal de Alternativa dos Veciños contra o proxecto de reapertura da explotación mineira de cobre San Rafael SL, situada nos municipios de Touro e O Pino. O Concello de Oleiros insta a Xunta de Galicia á emisión dos correspondentes informes negativos para impedir as graves consecuencias ambientais, sanitarias, económicas e sociais que se derivarían desta explotación.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza