Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Destacados
   

DESTACADOS

     
« Atrás

Dous peóns/as prevención e extinción incendios (vacantes anterior convocatoria)

 Por resolución número 2022003867, do 9 de agosto, convocouse, polo trámite de urxencia, un procedemento selectivo para cubrir dous postos de peón/a do servizo de prevención e extinción de incendios forestais, que quedaron vacantes na convocatoria ordinaria do Concello publicada no BOP da Coruña número 132, do 15 de xullo de 2022.

Para participar neste procedemento deberanse cumprir os requisitos  e presentar a documentación esixida na convocatoria ordinaria a que se refire o parágrafo anterior. 

As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude, acompañada do resto da documentación, durante todo o día 10 de agosto e ata ás 13.00 h do día 11 de agosto de 2022, a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común. 

As probas terán lugar o día 12 de agosto de 2022, na Base de Emerxencias do Concello (rúa Barbanza, nº 2A, nave 1B, Polígono de Iñas), ás 8.30 h.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza