Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Destacados
   

DESTACADOS

     
« Atrás

Dous/dúas auxiliares de información e primeiros auxilios (vacantes anterior convocatoria)

 Por resolución número 2022002902, do 13 de xuño, convocouse, polo trámite de urxencia, un procedemento selectivo para cubrir dous postos de auxiliares de información de primeiros auxilios para o servizo de salvamento e socorrismo nas praias 2022, que quedaron vacantes na convocatoria ordinaria do Concello publicada no bop da Coruña número 66, do 6 de abril de 2022.

Para participar neste procedemento deberanse cumprir os requisitos esixidos na convocatoria ordinaria a que se refire o parágrafo anterior. Terán que acreditarse unha vez rematada a selección.

As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude, acompañada do seu currículum vitae, durante os días 14, 15 e 16 de xuño de 2022, a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.

Non é necesario efectúar o pagamento de taxas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza