Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Destacados
   

DESTACADOS

     
« Atrás

Un/ha patrón/a de embarcación (vacante anterior convocatoria)

 Por resolución número 2022002902, do 13 de xuño, convocouse, polo trámite de urxencia, un procedemento selectivo para cubrir un posto de patrón/a de embarcación para o servizo de salvamento e socorrismo nas praias 2022, que quedou vacante na convocatoria ordinaria do Concello publicada no BOP da Coruña número 66, do 6 de abril de 2022.

Para participar neste procedemento deberanse cumprir os requisitos esixidos na convocatoria ordinaria a que se refire o parágrafo anterior. Terán que acreditarse unha vez rematada a selección.

As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude, acompañada do seu currículum vitae, durante os días 14, 15 e 16 de xuño de 2022, a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.

Non é necesario efectúar o pagamento de taxas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza