Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación

   

NOVAS

     

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario

Os proxectos de cooperación internacional, a "localización" da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. O Concello de Oleiros, xunto coas deputacións e todos os concellos socios, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada esta mañá na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.

O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara

O pleno municipal aprobou a moción presentada polo Goberno de Alternativa dos Veciños e o BNG para amosar o firme apoio do Concello de Oleiros ao pobo saharauí e ó seu único e lexítimo representante, o Frente Polisario, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio de pleno dereito de autodeterminación e a independencia.

O Concello de Oleiros condenda a invasión de Ucraína

O Goberno municipal de Oleiros condena de maneira rotunda a invasión de Ucraína por Rusia e manifesta toda a súa solidariedade coas persoas que están a sufrir as terribles consecuencias do enfrontamento armado. O pobo ucraíno ten dereito á paz e a decidir libremente o seu futuro, sen agresións militares nin inxerencias interesadas en espoliar os seus recursos naturais.

Israel deixa en liberdade á cooperante española Juana Ruiz

Israel deixou en liberdade á cooperante española Juana Ruiz condenada por un tribunal militar a trece meses de cárce por traballar como coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health World Committees. O pasado mes de abril foi arbitrariamente detida en Cisxordania e encarcerada polo Estado Israelí sen ningún cargo concreto.

Moción aprobada no pleno municipal contra a penalización do aborto en El Salvador

A penalización absoluta do aborto na República de El Salvador, sen excepcións, provoca situacións non só contrarias aos dereitos reprodutivos e á liberdade das mulleres senón mesmo de abuso na persecución penal da que non se libran nin sequera moitas mulleres que sofren abortos espontáneos. A dureza con que se castigan moitos destes abortos, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este trance reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos, penas practicamente inéditas no dereito comparado.

   

NORMATIVA

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza