NOVASO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara O Concello de Oleiros condenda a invasión de UcraínaO Goberno municipal de Oleiros condena de maneira rotunda a invasión de Ucraína por Rusia e manifesta toda a súa solidariedade coas persoas que están a sufrir as terribles consecuencias do enfrontamento armado. O pobo ucraíno ten dereito á paz e a decidir libremente o seu futuro, sen agresións militares nin inxerencias interesadas en espoliar os seus recursos naturais. Israel deixa en liberdade á cooperante española Juana RuizIsrael deixou en liberdade á cooperante española Juana Ruiz condenada por un tribunal militar a trece meses de cárce por traballar como coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health World Committees. O pasado mes de abril foi arbitrariamente detida en Cisxordania e encarcerada polo Estado Israelí sen ningún cargo concreto. Moción aprobada no pleno municipal contra a penalización do aborto en El SalvadorA penalización absoluta do aborto na República de El Salvador, sen excepcións, provoca situacións non só contrarias aos dereitos reprodutivos e á liberdade das mulleres senón mesmo de abuso na persecución penal da que non se libran nin sequera moitas mulleres que sofren abortos espontáneos. A dureza con que se castigan moitos destes abortos, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este trance reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos, penas practicamente inéditas no dereito comparado. |
|