Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións

 Oleiros, 15 de xullo 2014-. Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación a casa de Bastiagueiro para que a asociación puidese levar a cabo a súa xornada de convivencia entre nenos e nenas procedentes da rexión rusa de Briansk, onde a actividade radiactiva residual procedente do accidente sucedido en 1986 na central nuclear Vladímir Ilich Lenin, nas inmediacións da metrópole de Chernóbil. A esta xornada acudiu tamén Marga Figueroa, concelleira de Cooperación e Participación Cidadá, para coñecer de primeira man a actividade da ONG nesta xornada e as súas necesidades. 

 
A Asociación Ledicia Cativa é unha ONG, constituída sen ánimo de lucro, cuxa principal actividade consiste na acolleita temporal de menores da rexión rusa de Briansk, a máis afectada pola radiación de Chernóbil, en familias da Comunidade Autónoma de Galicia. Os nenos proceden de casas de acolleita e de familias tuteladas pola Federación Rusa.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza