Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

Oleiros acolle esta tarde a «Master class» con Gabriel Tizón

 

Oleiros, 25 de setembro de 2014-. O castelo de Santa Cruz acolle esta tarde a partir das 20 horas a «Master class» de fotografía con Gabriel Tizón. Baixo o título ‘Compromiso coa mirada’, a sesión parte da análise de traballos realizados en diferentes países e na nosa contorna, para avaliar ata onde se pode chegar coa cámara na vida das persoas.
 
Alén de nocións básicas sobre composición, tratarase de educar a mirada para destacar o motivo da fotografía e o seu obxectivo, ademais de propoñer novos soportes expositivos. Terase en conta a mostra de diferentes realidades e onde comeza o compromiso da autora ou autor con elas. Gabriel Tizón ten experiencia en distintas zonas do mundo e a súa obra foi recoñecida con diversos galardóns. Na actualidade traballa para El País, distintas axencias de noticias e participa nun proxecto fotográfico para o Goberno de Brasil a través de Brasilia Sem Fronteiras e a USC. 
 

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza