Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

O Concello de Oleiros subvenciona as ANPA locais con 6.498,25 euros para paliar posibles situac

 Oleiros, 29 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros subvenciona as asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas de catro centros públicos do municipio con 6.498,25 euros. Esta cantidade será destinada a paliar posibles urxencias de alumnos e alumnas que durante os próximos meses de curso poidan sobrevir de forma inesperada. O obxectivo é cubrir parte do importe do comedor escolar e asegurar este servizo.

 
As ANPA subvencionadas son a do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, a do Valle-Inclán de Perillo, Luís Seoane en Mera e a do IES Miraflores en Oleiros. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou durante o pleno que tivo lugar o pasado xoves día 23, sesión na que se aprobou esta proposta do grupo de Goberno que estas cantidades son para paliar posibles urxencias que poidan xurdir respecto ás prazas de comedor e que se trata dunha solicitude efectuada polos colectivos de pais e nais de alumnos e alumnas. Estas subvencións non fan máis que completar o resto de medidas contra a exclusión social coas que conta o Concello e que se recollen no regulamento elaborado polos Servizos Sociais do Concello para isto. 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza