Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para Gaza

 

Oleiros, 4 de agosto de 2014-. O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para enviar de forma urxente á franxa de Gaza, zona dos territorios palestinos cuxa poboación está sufrindo desde fai catro semanas as devastadoras consecuencias da ofensiva do exército israelí. Esta campaña, que se leva a cabo en colaboración coa Asociación Médica Hispano-palestina, realizarase a través dos edificios municipais e das farmacias do municipio, que servirán como punto de depósito dos medicamentos. 

 
Aqueles cidadáns que desexen participar poden deixar o seu doazón nos puntos instalados nas farmacias oleireses. Os bens máis necesarios nestes momentos son os produtos antibióticos, analxésicos, material cirúrxico en xeral, así como vendas, gasas e muletas. O prazo de recollida de medicamento terminará o próximo 22 de agosto, posto que a gravidade da situación que se vive en Gaza obriga ao urxente envío do material.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza