Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

Mañá celébrase un encontro dixital cos obxectivos de desenvolvemento do milenio como tema de de

 Oleiros, 25 de setembro de 2014-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro e socio fundador o Concello de Oleiros, organiza para mañá venres 26 de setembro, entre as 12 e as 14 horas, un encontro dixital con Pablo Rodriguez, integrante da coordinadora Galega de ONGD e coordinador rexional en Galicia da Fundación Entreculturas. O evento enmarcase dentro programa #Alén2015, no que se programan encontros mensuais con axentes da cooperación a través das plataformas sociais do Fondo Galego. Ditas entrevistas teñen  como propósito debater e reflexionar sobre distintos temas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e mostrar as propostas destas expertas e expertos para a Axenda Post-2015.

 
A entrevista en liña será en directo, de xeito que as e os  internautas poidan facer chegar as súas preguntas ao convidado a través do perfil de Facebook do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía do propio coordinador de Entreculturas que se publicará cando se abra o debate, ás 12.00 horas do venres, ou do Twitter, co hashtag #EncontroCoordinadora. As persoas que non poidan intervir en directo na conversa poden deixar as súas dúbidas con carácter previo nas entradas relacionados co encontro publicadas no Facebook do Fondo Galego, no Twitter, co hashtag #EncontroCoordinadora, ou enviar as súas cuestións ao correo fondogalego@gmail.com. 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza