Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Proxectos

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

   

Proxectos

     
« Atrás

Gabriel Tizón inaugura en Bissau a exposición 'Europa, realidade dun soño', primeira parad

 Oleiros, 9 de xaneiro de 2015-. A exposición fotográfica 'Europa, realidade dun soño' do fotógrafo galego Gabriel Tizón inaugurouse onte en Bafatá (Guinea Bissau) coa participación de máis de 300 persoas. Esta inauguración é a primeira parada do proxecto Causas Comúns, que apoia o Concello de Oleiros a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 
Causas Comúns nace cun obxectivo claro: informar e sensibilizar a través da fotografía como idioma común, tanto ao pobo galego como ao de Guinea Bissau, do cada vez máis evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. A vivenda, o traballo, a comida, a xustiza… Son xa artigos de luxo, non só nos "países pobres" ou empobrecidos.
 
Despois de experiencias anteriores en Guinea Bissau e noutros países africanos por parte do autor desta mostra, con exercicios similares a esta exposición, son moitas e moitos quen recoñecen non ser conscientes desta realidade, dunha Europa chea de dificultades económicas e sociais, o que nalgúns casos lles fixo reflexionar e reconsiderar a súa decisión de emigrar. Coa exposición 'Europa, realidade dun soño' preténdese resaltar a importancia de dar a coñecer esta situación entre o pobo africano, para visibilizar ao que se enfrontan e os obstáculos que se van atopar no camiño a Europa. Esta interesante mostra visitará Oleiros ao longo deste ano unha vez chegue a España desde o país africano.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza