Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación » Presentación

Presentación

O Goberno local de Oleiros sempre fixo da solidariedade un valor fundamental da súa política ao longo dos anos. Por iso, ademais de contar con numerosos e completos programas de axuda e asistencia para os veciños e as veciñas do noso municipio que o necesiten, tamén conta cunha longa traxectoria en proxectos de cooperación internacional a través dos que loita contra a pobreza en distintos lugares de todo o mundo. O departamento encargado de executar e supervisar estes proxectos a nivel internacional e o departamento de Cooperación Internacional que depende da Concellería de participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza