Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Contidos
   

NOVAS

     
« Atrás

O político salvadoreño Tomás Minero visita o Concello de Oleiros

José Tomás Minero Domínguez, representante político da entidade ENEPASA –formada por 13 municipios de El Salvador-, visitou o Concello de Oleiros dentro dunha rolda de visitas a diversos municipios españois. Minero mantivo un encontro co alcalde, Ángel García Seoane, e coa concelleira de Cooperación, Marga Figueroa.

Oleiros continuará formando parte da executiva Fondo Galego de Cooperción

O Concello de Oleiros conserva a vogalía que xa tiña na executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a presente lexislatura. A concelleira de Cooperación, Marga Figueroa Vázquez, seguirá a ser a representante do Concello neste órgano no período 2019-2023.

O Concello prepara o envío dun contedor con material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

O Concello coopera nun proxecto sanitario en Chiapas con Solidariedade Galega

Un grupo formado por 12 profesionais da sanidade, entre os que se atopan varios veciños e veciñas de Oleiros, dedicarán as súas vacacións a atender de xeito gratuíto ás persoas máis desfavorecidas da zona rural de Altamirano, no Hospital San Carlos, en Chiapas. O Concello de Oleiros financia con 12.000 euros este proxecto que levará a cabo a ONG Solidariedade Galega.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza