Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Parques e Xardíns  
Portada » O Concello » Concellería de Parques e Xardíns » Parques e Xardíns » Espazos naturais » Parques e xardíns
   

Parques

     
« Atrás

INTRODUCCIÓN

Perto de 730.000 m2 son os que ocupan as zonas verdes, parques e xardíns do noso Concello.

O Bosque dos Veciños

Parque forestal, pulmón verde do Concello, onde pasear entre frondosos castiñeiros, carballos... E descubrir historia: a Igrexa de Santa Eulalia de Liáns, o Pazo de Lóngora... Dispón de paseos elevados construidos en madeira, zona de lectura, merendeiros e zonas para a práctica deportiva

Parque a Lagoa

Frente á praia de Mera e na praza donde unha cheminea queda como símbolo dunha antiga fábrica de ladrillos, atopamos esta área de recreo en cuxas marxes crecen xuncos e prantas acuáticas que serven de refuxio a parrulos, gansos, cisnes...

Parque as Galeras

En Bastiagueiro, ideal para pasear, xogar ou facer deporte frente ó mar. Ó través dunha senda pódese chegar ó paseo marítimo de Sta. Cruz, sempre disfrutando dunhas inmellorables vistas ó mar. No "Miradoiro do eco" sorprenderános un espectacular efecto sonoro.

Parque Ibarrola

Xardin romántico para pasear entre frondosa vexetación ó abrigo das ruinas do antigo Pazo de Ibarrola Destacar os vellos exemplares de buxo case centenarios

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza