Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente
   
NOVAS

« Atrás

Mellora da eficiencia enerxética da Escola Infantil de A Pardela

 Desde o Departamento de Obras Públicas do Concello de Oleiros, estáse a redactar o proxecto construtivo de “Mellora da eficiencia enerxética da Escola Infantil de A Pardela (Os Regos)”, no que se plantexan actuacións encamiñadas a reducir o consumo enerxético e a mellorar a habitabilidade e a seguridade da escola.

Deste xeito, e de cara ó exterior, vaise actuar na envolvente térmica do edificio sen alterar a súa arquitectura, substituirase a carpintería metálica por unha con rotura de ponte térmico e dobre acristalamento de seguridade e estúdiase actuar na zona de xogos garantindo o cumprimento da normativa vixente de accesibilidade e seguridade.
No interior da escola, as principais actuacións previstas son a instalación de luminarias de baixo consumo, a substitución da caldeira de gas propano por outra de gas natural, a renovación do pavimento actual, a renovación das portas por outras pivotantes con sistema de seguridade antidedos e o pintado da escola para reparar as humidades existentes.
 
En cumprimento da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dáse publicidade ó obxecto do proxecto, que é a mellora da eficiencia enerxética, habitabilidade e seguridade da Escola Infantil de A Pardela (Os Regos), e solicítase a participación cidadá para a mellor definición das necesidades a cubrir e das actuacións a realizar.

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza