Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Obras Públicas  
Portada » O Concello » Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente » Obras públicas » Titulares e responsables

Titulares e responsables

É importante saber a que administración pertence a rúa na que vivimos, xa que as obras e o mantemento en boas condicións corresponde executalas ó organismo propietario da rúa ou avenida.

Todos, a administración incluída, temos a obriga de demandar das administracións competentes os arranxos necesarios para vivir nun entorno de maior calidade e seguridade.

Ministerio de Fomento:

As vías AC-12 e N-VI (Avda.das Mariñas) e a autoestrada AP-9.

Xunta de Galicia:

  • Conexión Perillo-Lorbé (Avda. Che Guevara, Avda. Viñas de Babilonia, Avda. República Arxentina, Avda. María Pita, rúa. Dr. Fleming, Rúa do Golfiño)
  • Conexión Coruxo.-O Carballo (Avda. Isaac Díaz Pardo, Rúa Carlos Maside)
  • Conexión Perillo-Oleiros (Avda Rosalía de Castro e un tramo da Avda. Francisca Herrera)
  • Conexión O Seixal-Abegondo (Avda. Salvador Allende)
  • De Arillo a Oleiros (rúa de Abeleiras e Avda. República do Uruguay)
  • De Oleiros a Soñeiro (rúa As Torres)
  • De Carballo a Oleiros (Avda. Miguel Hernández) dende a N-VI ata a piscina municipal (dende a piscina ata a Avda Ramón Núñez Montero é de titularidade municipal).
  • De Arillo a Meirás (Avda. Pardo de Andrade)
  • Vía Ártabra e os seus ramais.

Deputación de A Coruña:

  • Acceso ó porto de Lorbé (Rúa de Portelo)
  • Estrada Mera-Veigue (Rúa Curros Enríquez)
  • Estrada Mera-Maianca (Rúa Tierno Galván)
  • Estrada Santa Cruz-Meirás (Avda. Pardo Bazán)
  • Rúa do Souto (Santa Cruz)
  • Estrada Oleiros a Coruxo (Rúa Ferrala, Avda. Venezuela e rúa de Coruxo)
  • Estrada Pousada-A Edreira (Oleiros) (Rúa de Cobo)
  • Estrada Oleiros-A Edreira (Oleiros) (Avda. Francisca Herrera)
  • Estrada A Barreira-A Pezoca (Oleiros) (Rúa A Pezoca e rúa do Río)
  • Estrada Mandín-Iñás (Rúa Mandín)
  • Estrada Oleiros-Pravio (Cambre) (Avda. Fonte do Ouro, Avda Espoz y Mina)
  • Estrada Coruxo-Montrove (Avda. Casares Quiroga)
  • Conexión O Pasaxe-Perillo (de Orlinda  ó Solimar pola Canteira) (Rúa Xose Neira Vilas e rúa da Barreira)
  • Avda. de Santa Cristina
  • Acceso á Praia de Bastiagueiro.
  • Rúa O Cruce (tramo)

Actualmente, ante a pasividade dos organismos implicados, o Goberno Municipal aborda directamente a construción de plataformas peonís e beirarrúas en varios tramos destas vías, porque a seguridade dos veciños está  por enriba de calquera outra consideración.

Existe a aspiración de contar con carrís-bici en boa parte dos tramos que unen núcleos poboados.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza