Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Obras Públicas  
Portada » O Concello » Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente » Obras públicas » Información sobre autorizacións para obras na vía pública ou de conexións a infraestructuras

Información sobre autorizacións para obras na vía pública ou de conexións a infraestructuras

O Departamento de Obras Públicas tramita as autorizacións para a execución de obras na vía pública ou para conectarse ás redes de infraestruturas tanto municipais como privadas que discorren polas vías públicas.

As autorizacións para as obras de instalación de redes ou conexións a elas no caso de telefónica, electricidade, telecomunicacións ou gas natural canalizado, son tramitadas normalmente polas propias empresas subministradoras polo que si vostede quere solicitar acometer a un deses servizos o que debe facer é contactar coa empresa correspondente:

Telefónica, R, Gas Galicia ou Gas Natural-Unión Fenosa e solicitarlles o servizo.

No caso de que vostede queira conectarse a unha infraestrutura municipal (auga potable, augas residuais ou augas pluviais), debe presentar unha solicitude de acordo coas indicacións que se indican nesta web no apartado de "trámites" na sección de trámite de solicitude de licenza municipal para o enganche á rede xeral de abastecemento de  auga potable e/ou ás redes xerais de saneamento (augas residuais ou pluviais) para edificacións existentes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza