Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Urbanismo  
Portada » O Concello » Concellería de Interior, Seguridade Cidadá, Economía e Facenda e Urbanismo » Urbanismo » Trámites de información pública
   
Trámites de información pública

« Atrás

CORRECCION ERRO DA REDE DE CAMIÑOS PÚBLICOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL EN CAMIÑO DOS POZOS.

En sesión celebrada o 26 de xaneiro de 2012 se aprobou definitivamente a Rede de Camiños Públicos de titularidade municipal e se completou con acordo plenario do 26 de xullo de 2012 que resolveu os recursos presentados.

Observouse un erro na rede viaria municipal ao non recoller o ramal que forma parte do Camiño dos Pozos, situado na parroquia de Liáns, núcleo urbano de Montrove de aproximadamente oitenta metros de lonxitude e un ancho medio de seis metros.
Nos planos de ordenación urbanística o citado ramal figura con aliñación, ao que dan fronte e teñen acceso os inmobles numerado do 3 ao 7, constitúe parte do solo urbano consolidado da zona, contando ademais cos servizos urbanísticos da rede de auga, telefonía, alumeado e saneamento a menos de 100 metros.
Reúne así as características propias para consideralo público. A cartografía catastral xa delimita perfectamente o vial, é dicir, a efectos catastrais xa figura como solo de desconto ou viario, polo tanto non incluído en ningunha parcela lindeira.
Achégase:
- Plano Rede viaria actual
- Plano Rede de abastecemento de auga
- Plano Plan Xeral
- Plano rueiro municipal
- Plano catastral
Por todo o que, en uso das facultades outorgadas pola lei, ditouse a seguinte RESOLUCIÓN:
PRIMEIRO.- Corrixir o erro observado no documento denominado REDE DE CAMIÑOS PÚBLICOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, de conformidade co informe emitido e tal como se reflexa na ficha emitida que forma parte desta resolución.
SEGUNDO.- Proceder á exposición pública polo prazo de 10 días, anunciándose así no Boletín Oficial de la Provincia, nun xornal da provincia, na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.
TERCEIRO.- Unha vez tramitado o expediente e informadas as alegacións que se presenten, elevar ao Pleno do Concello para a aprobación definitiva.
 
Para consultalo Decreto ________ -pinche aquí-
Para consultala ficha modificada__ -pinche aquí-
Para consultalos planos ________ -pinche aquí-
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza