Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Interior e Seguridade Cidadá, Medio Ambiente, Facenda e Urbanismo » Urbanismo » Plan xeral

Revisión do plan xeral

O vixente Plan xeral é consecuencia dun proceso continuado de redacción e xestión de planeamento iniciado en 1984 co primeiro Plan Xeral. Logo dunha permanencia de, aproximadamente, dous cuadrienios foi substituído pola primeira Revisión aprobada polo Concello no Pleno do 5 de maio de 1997 (DOG nº 142, do 24 de xullo de 1997).

Este documento agora é substituido co aprobado coa Orde de 11.03.09 da C.P.T.O.P.T.

Nos seguintes apartados pode vostede consultar a Normativa e documentación gráfica do Novo Plan Xeral que constitúe o terceiro planeamento de Oleiros. 

Este é xa o terceiro Plan xeral de ordenación do Concello de Oleiros desde a implantación da democracia en España.

Hai catro aspectos que, non sendo novidosos, foron considerados importantes pola Corporación:

  • A análise do sistema de comunicacións e a accesibilidade en xeral.
  • A adaptación das determinacións de planeamento ao novo marco lexislativo.
  • A revisión dos feitos urbanos existentes.
  • A revisión da normativa urbanística do Plan e a emerxencia de novas dotacións.

O Concello Pleno en sesión do 31 de maio de 2005 acordou proceder á aprobación inicial do documento da revisión.

Tras a súa aprobación provisional nunha sesión plenaria realizada o pasado 16 de maio de 2006 na Casa Charry, o Goberno municipal adoptou o acordo de expoñer durante quince días, na web institucional así como no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, as resolucións das 1.278 alegacións presentadas para coñecemento público de todas as persoas afectadas e interesadas.

Con data do 1 de xuño de 2006 entrégase o documento na Xunta de Galicia para que, de acordo co artigo 85 da Lei 9/2002 de ordenación urbanística, se aprobe definitivamente.

A Consellería de política Territorial por Orde do 14 de marzo de 2007 impón a necesidade de facer unha serie de correccións e axustes con carácter previo a Aprobación definitiva.

Con data 2 de decembro de 2008 o Concello en Pleno aproba o documento de cumprimentación da Orde de 14 de marzo de 2007 da C.P.T.O.P.T.

Finalmente por Orde de 11.03.09 da C.P.T.O.P.T. apróbase definitivamente e parcialmente o documento (ver zonas afectadas por servidumes e afeccións aeronáuticas).

Nos seguintes apartados pódese escoller entre:

  • Consultalos textos da Memoria de ordenación, Normativa Urbanística, Estudio Económico Financieiro e Anexo de Catálogo. A Normativa Urbanística foi publicada no B.O.P nº 75 de 2 abril de 2009.
  • Consultar os planos de estrutura xeral, ordenación, xestión, servizos, catálogo ou servidumes aeronáuticas.
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza