Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Urbanismo  
Portada » O Concello » Concellería de Interior, Seguridade Cidadá, Economía e Facenda e Urbanismo » Urbanismo

Presentación

O proxecto “Oleiros, ata a Administración electrónica” consolida o proceso  de modernización electrónica  do Concello e a aposta polas novas tecnoloxías da información co fin de establecer novas formas de relación e servizos cos cidadáns.

O Concello de Oleiros, dende o Departamento de Urbanismo aspira aproveitar as vantaxes que nos ofrecen as novas tecnoloxías para acercarnos ós cidadáns, queremos que a xestión de  proxectos que presenten sexa máis sinxela e cómoda evitando desprazamentos, pretendemos facilitala máxima información, xestionar eficientemente  o servizo e incorporar os medios de participación cidadá que a evolución do principio democrático reclama.

Esta páxina Web é unha porta aberta ó Concello, por ela os cidadáns poderán acceder  ó plan xeral do municipio e o planeamento de desarrollo; á tramitación do planeamento e xestión urbanística; iniciar os procedementos relativos á intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades e coñecer as noticias que o Urbanismo xera na poboación de Oleiros. Tamén queremos que esta Web facilite a interrelación cos cidadáns, permitíndonos coñecer a súa opinión a través do buzón de suxerencias.

Saudamos a quenes accedan a este lugar de encontro entre Urbanismo  e os cidadáns e espero que  a páxina sea do maior interese e axude a resolver as consultas ou os trámites dende a  comodidade do ordenador persoal.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza