Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Orde pública
Portada » O Concello » Concellería de Interior, Seguridade Cidadá, Economía e Facenda e Urbanismo » Orde Pública » Cemiterio municipal

Cemiterios

No departamento de Orde Pública do Concello se tramitan as solicitudes de todo aquelo que teña que ver coa xestión dos cemiterios municipais. Actualmente existen tres instalacións en funcionamento, en Liáns, Nós e Dorneda. Nos dous primeiros non se conceden concesións novas xa que se atopan esgotados os nichos, non existindo nichos sen conceder. O trámite neste caso se reduce aos supostos de apertura dos nichos e a transmisión dos dereitos funerarios sobre eles nos caso nos que proceda.

O cemiterio municipal de Dorneda é a instalación municipal máis recente, e na que se da satisfacción ao servizo de enterramento logo do esgotamento das outras dúas. Neste caso, o empadroado que pretenda contar cunha concesión deberá solicitalo e contar cos requisitos precisos para obtela (atoparse empadroado, non contar con outro nicho no termo municipal e aboar a taxa de 575,86 € por nicho). Unha familia de dous ou mais membros poderá solicitar ata dous nichos, e as concesións teñen unha duración de 75 anos. Existe a obriga tamén de aboar unha taxa anual pola conservación das instalacións. O cemiterio municipal de Dorneda conta con nichos suficientes para satisfacer a demanda nos vindeiros anos, tendo ademais carácter ampliable, polo que será a instalación municipal mais demandada.

Cando se produce un falecemento dunha persoa que se atopara empadroada poderá obter de inmediato unha concesión de emerxencia no cemiterio municipal de Dorneda, tendo os seus familiares que aboar o prezo exposto. Para o enterramento nos nichos, tanto no caso dos enterramentos de persoas que non tiñan previamente a concesión, como nos que xa a tiveran, é preciso que o poñan en coñecemento do departamento de Orde Público para que autorice a apertura e se poña en contacto co departamento de Servizos para que a materialice a través do enterrador municipal.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza