Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Emerxencias  
Portada » O Concello » Concellería de Interior, Seguridade Cidadá, Economía e Facenda e Urbanismo » Emerxencias » Normativa
   

NORMATIVA

     
« Atrás

Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, sobre Protección Civil (PDF - 35.9 KB)

Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, sobre Protección Civil (PDF - 35.9 KB)

A Lei 2/1985 de 21 de xaneiro enero sobre Protección Civil foi publicada no Boletín Oficial del Estado o 25 de xaneiro de 1985. Establece o marco institucional axeitado para poñer en funcionamento o sistema de protección civil con escrupuloso respecto do principio de legalidade, constitucionalmente previsto, de modo que poida obterse a habilitación correspondente para poder esixir de modo directo á cidadanía determinadas prestaciones de colaboración.

Lei 6/1996, de 15 de xaneiro, do Voluntariado (PDF - 32.1 KB)

Lei 6/1996, de 15 de xaneiro, do Voluntariado (PDF - 32.1 KB)

A Lei 6/1996, de 15 de xaneiro, do Voluntariado, publicouse no Boletín Oficial del Estado do 17 de xaneiro de 1996 e ten por obxecto promover e facilitar a participación solidaria da cidadanía en actuacións de voluntariado, no seo das organización sen ánimo de lucro públicas ou privadas.

Ordenanza uso praias Oleiros (texto consolidado) (PDF - 162.4 KB)

Ordenanza uso praias Oleiros (texto consolidado) (PDF - 162.4 KB)

A presente ordenanza ten por obxecto regular o uso das praias do Concello de Oleiros conxugando o dereito de todos a gozar das mesmas pola súa natureza demanial, co deber que o Concello de Oleiros no marco das súas competencias ten de velar por unha utilización racional delas, e en particular, regular as condicións xerais de utilización e disfrute polos usuarios da Praia en orde á seguridade, a saúde pública e a protección do medio ambiente.

PLATERGA (Plan Territorial de Galicia) (PDF - 4,681.8 KB)

PLATERGA (Plan Territorial de Galicia) (PDF - 4,681.8 KB)

A Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, constitúe o marco legal que determina todo o sistema de prevención e de resposta ante situacións de grave risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria, e conforma unha Norma Básica que contén as directrices esenciais para a elaboración dos Plans Territoriais e Especiais, por sectores de actividade, tipos de emerxencia ou actividades concretas.

Real Decreto 407/1992, de 24 de abril, Norma Básica de Protección Civil (PDF - 33.2 KB)

Real Decreto 407/1992, de 24 de abril, Norma Básica de Protección Civil (PDF - 33.2 KB)

O Real Decreto 407/1992, de 24 de abril, polo que se aproba a Norma Básica de Protección Civil foi publicado no Boletín Oficial del Estado o 1 de maio de 1992.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza