Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude
   

NOVAS

     

A Escola Municipal de Danza adxudica as prazas para o curso escolar 2018/2019

Consulta as listaxes de prazas adxudicadas para o curso escolar 2018/2019 según o número de rexistro de preinscrición.

Actividades Verán 2018

Páxina coa información das actividades de verán 2018 do Concello de Oleiros.

Publicación de admitidos/as, lista de garda e fóra de prazo da Escola Municipal de Música

Publícanse as listaxes de prazas adxudicadas, de fora de prazo e de garda según o número de rexistro da solicitude preinscrición para o curso escolar 2018/2019 na Escola Municipal de Música "A Fábrica".

Inscríbete na Escola Municipal de Teatro para a matrícula do curso 2018/2019

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Oleiros estase a preparar para o vindeiro curso escolar 2018-2019, abrindo novas liñas de traballo para que os nosos fillos e fillas poidan formarse nunha nova disciplina artística. Téñense previsto ofertar un total de 260 prazas, repartidas en diferentes niveis de preparación. É un pracer informarvos da apertura desta nova escola e achegarvos as datas para a solicitude da nova matrícula, co fin de facilitarvos o procedemento a seguir. Todos os trámites realizaranse na secretaría do Centro de Artes Escénicas en horario de 17 a 20 horas de lúns a venres, onde se conxugan as disciplinas artísticas de Danza e Teatro. Está situada na avda. Valle- Inclán, 24, Perillo, e con teléfono de contacto: 981 639 688.

Resultado do sorteo de letra para adxudicar prazas nas Escolas de Música e Danza

En data de 27 de abril de 2018 realizáronse os sorteos da letra para a adxudicación de prazas para o curso 2018-2019, sendo os resultados seguintes: - Escola de Música: letra R. - Escola de Danza: letra U.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza