Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude
   

NOVAS

     

Campanadal

A Concellería de ensino e xuventude organiza campamentos para nenos e nenas de todos os CEIPs públicos para os días 26 ao 29 de decembro , coa finalidade de conciliar os tempos laborais e familiares e de ofertar campamentos saudables.

Información sobre as subvencións recibidas doutras administracións

O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude, solicitou e ten concedidas por outras administracións públicas para este ano 2017, as subvencións que se relacionan.

Curso para a obtencion do título da ESO para adultos/as

O Concello de Oleiros, a través do Servizo Municipal de Educación e do Centro Municipal de Formación, organiza un curso preparatorio dirixido a adultos/as ( 18 ou máis anos) para realizar a proba libre para a obtención do título de graduado na ESO. Poderás pre-inscribirte en persoa nas oficiñas do Centro de Formación entre os días 16 ao 27 de outubro de 2017.

Convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares 2017/18

A Concellería de Ensino e Xuventude ten aberta a convocatoria de axudas para a asistencia aos comedores escolares para o curso 2017/2018. Consulta as bases e o impreso de solicitude de axudas.

Programa de apoio e reforzo escolar municipal 2017/2018

Preinscríbete no programa de apoio e reforzo escolar na localidade que elixas , cubrindo e entregando a ficha na Concellería de Ensino e Xuventude, para o curso escolar 2017/2018.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza