Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Xuventude  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Xuventude » Locais de ensaio » Solicitudes e autorizacións

Solicitudes e Autorizacións

 

Poderán presentar solicitudes para o uso do citado local, aqueles mozos e mozas que como solistas ou en representación dun grupo musical, con membros empadroados no Concello de Oleiros precisen dun local para realizar os seus ensaios.


As solicitudes presentaranse en instancia formalizada que poden descargar da web www.oleiros.org ou a recoller no C.I.X., debidamente rexistrada no Centro Cultural A Fábrica, na Rúa do Inglés nº 13, Perillo Oleiros.


O feito de presentar a solicitude, supón o coñecemento e aceptación das normas do uso do local de ensaio.


De forma xeral a presentación destas solicitudes será durante o mes de xuño, e terán validez unha vez sexan asignados os horarios por un ano académico completo (de setembro a xullo)
 

Solicitude de uso do local:

Autorización paterna/materna para menores: 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza