O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental os rapaces e rapazas do noso concello, traballamos por e para eles. A información xuvenil abarca todos os temas de interese para a mocidade, polo que temos ante nós, un amplo abano de actividades:
Da información á orientación, do asesoramento ao consello, da formación ao ocio, e así sucesivamente para poder adaptarnos ás necesidades e ás esixencias da xuventude.
O Centro de Información Xuvenil é un lugar pensado por e para os rapaces, un lugar ao servizo deles e un espazo de encontro, de información, de asesoramento para todos os que se acheguen a el. Tendo en conta isto, os nosos eixes de acción son:
O Centro de Información Xuvenil, traballa tamén no ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, onde se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde os beneficiarios son os nosos rapaces e rapazas.
Se queres seguir as novidades da nosa programación podes facelo a través do noso Facebook premendo aquí