Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Xuventude  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Xuventude » Praemo: Programa de Reforzo e Apoio Escolar Municipal
   

Programa de Reforzo e Apoio Escolar Municipal

     

Durante o curso 2014-2015 a Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros puxo en marcha un programa de reforzó e apoio escolar, PRAEMO, destinado ao alumnado de primaria e secundaria oleirense.

PRAEMO, está enmarcado dentro do Plan Municipal de Absentismo Escolar, cun obxectivo fundamental de previr o fracaso escolar entre a poboación escolar. Non só nace para reforzar as aprendizaxes desenvolvidas nas aulas, senón tamén para a promoción de hábitos e actitudes cara o estudo, incidindo así na prevención do fracaso escolar, como na prevención e reducción do absentismo escolar.

OBXECTIVOS

  • Previr o fracaso escolar.
  • Apoiar ás familiar na educación dos seus fillos e fillas fora do horario escolar e ao alumnado, apoiando no avance e desenvolvemento dos seus estudos.
  • Promover hábitos e técnicas de estudo. reforzando as aprendizaxes que se levan a cabo na escola.

ALUMNADO DESTINATARIO

  • Alumnado de primaria dos CEIP de Oleiros
  • Alumnado de secundaria dos IES de Oleiros

TEMPORALIZACIÓN

O programa, que terá lugar de novembro a xuño, desenvolverase nos seguintes horarios e espazos, as cales poden ser modificados segundo a necesidade dos centros educativos.

Primaria:

  • Luns de 17:00 -19:00 na Casa do Pobo de Nós
  • Martes de 17:00-19:00 no local social de Rialta
  • Mércores de 17:00-19:00 na Casa da Cultura de Perillo

Secundaria:

  • Mércores de 17:00-19:00 na Casa do Pobo de Nós
  • Xoves de 17:00-19:00 no local social de Rialta
  • Venres de 17:00-19:00 na Casa da Cultura de Perillo

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

  • Presencialmente no Centro de Información Xuvenil, Rúa do Ingles, nº 13 Centro Cultural a Fábrica, Perillo - Oleiros.
  • Por teléfono: 981.63.65.98 de 08:00 a 15:00 horas.
  • Por correo electrónico: c.xuventude@oleiros.org

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza