Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Xuventude  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Xuventude » Locais de ensaio

 

Local de ensaio da Fábrica

O Centro de Información Xuvenil de Oleiros pon en marcha no Centro Cultural A Fábrica, un local de ensaio destinado a todos os mozos e mozas que formen parte dun grupo musical o sexan solistas.

Os obxectivos deste equipamento municipal son:

  • Fomentar a práctica musical dos mozos e mozas de Oleiros dotándoos dos recursos profesionais e técnicos básicos necesarios.
  • Contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento, mediante o deseño de accións formativas relacionadas con este eido.
  • Crear un espazo de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais.
  • Organizar eventos que sirvan para fortalecer entre a mocidade a conciencia de seu, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente nova.
  • Promover un ocio xuvenil máis creativo e menos consumista, ampliando a oferta de actividades e facilitando o seu acceso á mocidade.

O local de ensaio está equipado co seguinte material musical:

  • Unha bateria.
  • Dous amplificadores de guitarra.
  • Un amplicador de baixo.
  • Dous micrófonos.
  • Unha mesa de mezclas.
  • Dúas caixas de son.

 Normas de uso do local

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza