Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Xuventude  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Xuventude » Centro de información xuvenil

 

Centro de información xuvenil

No Centro Cultural A Fábrica tes o Centro de Información Xuvenil, un espazo para os rapaces e as rapazas, un espazo creado para vós, onde vos ofrecemos un amplo abano de actividades: información de todo o que vós interesa (estudos, viaxes, deportes, emprego, música, ocio...), actividades culturais e de ocio, concertos... Estamos para escoitarte, asesorarte, apoiarte e por suposto para colaborar contigo.

O noso horario é

  • De luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Servizos do CIX

  • Taboleiro informativo: cursos, estudos, teatro, música, viaxe, actividades, concursos, deportes,...
  • Información e inscrición en actividades xuvenís.
  • Mesas informativas: Saúde, estudos – formación,...
  • Censo de grupos musicais.
  • Carné Xove para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos.

Se queres seguir as novidades da nosa programación podes facelo a través do noso Facebook premendo aquí

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza