Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Xuventude  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Xuventude » Casas da mocidade
   

Casas da mocidade

     

 Son un servizo xuvenil, dirixido fundamentalmente á xuventude oleirense de entre 14 e 30 anos, a través do cal o Concello de Oleiros desenvolve as políticas máis específicas en materia de xuventude para impulsar o desenvolvemento da mocidade. 

Ambas casas teñen Puntos de Información Xuvenil, un servizo para dar información, orientación e asesoramento á mocidade para resolver as diferentes dúbidas ou acompañar no desenvolvemento dos seus proxectos. Estes P.I.X céntranse nas temáticas que máis afectan no desenvolvemento da mocidade: actividades, becas, concursos, deporte, emprego, formación, prácticas, viaxes, voluntariado,… e todas as dúbidas que lle poidan xurdir aos xóvenes. 

 
Nestes servizos de Información Xuvenil pódese atopar:
 
servizo de dinamización das casas ofertará actividades variadas para o desfrute e aproveitamento activo do tempo libre. E acompañarán á mocidade no día a día das casas como espazo de encontro. 
 
Un lugar ideado para que a mocidade conte tamén con espazos nos que poida desenvolver as propias iniciativas ou proxectos, tanto en forma de actividades como outro tipo de actuacións.
 
Contan con diferentes espazos de encontro xuvenil onde a xuventude é a protagonista, dotando de diferentes servizos estas instalacións para que poidan desenvolver as súas propias iniciativas, participar nas actividades que se propoñan dende o servizo de dinamización ou simplemente un punto de encontro para o seu tempo libre. 
 
          
PREME NAS IMAXES PARA COÑECER AS CASAS 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza