Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Ensino  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Ensino » Escolas artísticas
   
Escolas artísticas

« Atrás

Escola Municipal de Música "A Fabrica"

esmu.municipal.fabrica@edu.xunta.es

 Horarios

  • Luns-Venres 16,00-22,00h 
  • Sábado  10,00-14,00h         

Obxectivos

  1. Fomenta-lo coñecemento e apreciación da música, estructurando estratexias de ensino-aprendizaxe dende os primeiros anos dos cativos.
  2. Ofertar una formación ampla e diversa , para toda a poboación  de Oleiros, sen limitacións por idade.
  3. Detectar e orientar a aquel alumnado que amose aptitudes e condicións axeitadas, para encauzalos a un ensino de carácter profesional, ou no seu caso, preparalo para o seu acceso a este tipo de formación.
  4. Ofrecer unhas ensinanazas de carácter instrumental , facendo compatibles formación individual  como a de conxunto.
  5. Proporcionar unha formación complementaria á práctica instrumental.
  6. Fomentar no alumnado a súa participación en agrupacións vocais ou instrumentais.
  7. Organizar actuacións públicas, deseñando especialmente actividades didácticas dirixidas ós Centros de ensino do noso Concello, para dar a coñecer entre o alumnado destes Centros a cultura musical en xeral e mostrar o traballo desenvolvido na Escola.
  8. Participar en actos públicos, xunto con outras agrupacións afeccionadas, intrecambiando as experiencias formativas.
  9. Servir de espacio de formación , tanto a docentes como ó alumnado, en períodos non lectivos (verán, nadal,…), a través de escolas de verán/inverno, cursos, xornadas ou seminarios.

Estructura do ensino

  • Música e movemento (M-M)
    • Alumnos de M-M de 4-5 anos, asistirán a dúas clases  por semana de tres cuartos de hora cada unha.
    • Alumnos de M-M de 6-7 anos, asistirán a dúas clases  por semana  de unha  hora cada unha.
  • Nivel I:  Iniciación . Consta de tres cursos
    • Os alumnos maiores de 8 anos, no NIVEL I , asistirán como mínimo:
      • Media hora de ensino individualizado de Instrumento
      • Unha hora e media de Linguaxe Musical
      • Unha hora de asignatura Optativa a elexir: Coro, Percusión tradicional, Folk, Combos de      Música Moderna ou unha hora de Colectivas/Preagrupacións (iniciación á Música de Conxunto)
  • Nivel II: Medio. Consta de tres cursos

    • Unha hora e media de Linguaxe Musical Música de Conxunto (Agrupacións da Escola)
    • Unha hora de Seccionais  para os alumnos de Música de Conxunto.
    • Unha hora de asignatura Optativa a elexir: Percusión Tradicional, Folk ou Combos de Música  Moderna
  • Nivel III: Perfeccionamento. Consta de dous cursos

    • Música de Conxunto

    • Unha hora de asignatura Optativa a elexir:     Folk, Percusión Tradicional
    • Unha hora de asignatura Complementaria  a elexir: Linguaxe, Estilo e Forma ou Harmonía do Jazz.

Máis información

Clases Colectivas: Ofertaranse clases colectivas para os alumnos de instrumento que  puideran formar parte  das agrupacións, coa finalidade de potencia-la futura incorporación ás mesmas.

  • Colectiva de cordas, de percusión, de guitarra, de gaitas
  • Preagrupacións: Prebandas e Preorquestra de cordas

Aulas de Estudo: Poderase asistir á escola para a preparación da clase e/ou o estudo individual, en horario libre, sempre que exista disponibillidade de aulas e/ou de instrumento.

Especialidades: Acordeón. Baixo eléctrico. Batería. Bombardino. Canto. Clarinete. Contrabaixo. Fagote. Frauta traveseira. Gaita. Guitarra. Guitarra eléctrica. Óboe. Percusión. Piano. Piano Moderno. Saxofón. Trombón. Trompa. Trompeta. Tuba. Viola. Violín. Violoncello.

Agrupacións: Banda de Música. Big Band. Orquestra de Cámara. Coro de voces brancas. Orquestra Orff.

Departamentos: Música Clásica. Música tradicional. Música moderna.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza